Nota do BNG de Cea

O BNG de Cea considera que o alcalde enganou á veciñanza co Plan Xeral de Ordenación Municipal

Para os concelleiros do BNG foi una sorpresa que no pleno deste luns, o Alcalde dese a coñecer un decreto asinado o 12 de novembro, no que solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a redacción dun novo Plan Básico Municipal, sen coñecemento previo da Corporación.

AVANTAR ACTIVIDADES

 En varias ocasións, atendendo ás queixas dos veciños, o BNG ten preguntado polo estado en que se atopaba o PXOM, documento xa redactado desde fai tempo. Pero a súa exposición pública e aprobación foise dilatando durante anos. Dito plan, nunca foi exposto o público polo que os gastos que supuxo para o erario público, de pouco serviron se agora se encarga un novo.

Segundo denuncian os nacionalistas, e máis concretamente o seu voceiro manolo Pérez, “Primeiro a alcaldía dixera que tiña que adaptalo á normativa vixente e que iso levaba un tempo, despois que debido á pandemia non fora posible tramitalo, pero que ía ser aprobado de inmediato”.

Na sesión plenaria do pasado mes de setembro, o BNG preguntou ao alcalde polo estado en que se atopaba o PXOM, respondendo este que “por mor da pandemia tívose que paralizar un pouco, pero que xa está en marcha para poder realizar a exposición pública inicial e formular alegacións”.

Segundo Pérez Vázquez “o alcalde demorou a propósito a aprobación do plan, dando largas e despistando á veciñanza. Agora con esta decisión ponse de manifesto que todo era un engano”.

Mentres tanto a solución do goberno local é ir delimitando o solo rural naqueles que poden presentar algún problema, como sucedeu con Paramios. Situación na que o BNG alerta, “tarde vai chegar aos perto de 90 núcleos que conforman o Concello”.

O caso da delimitación do solo en Paramios, foi levado a este pleno pola alcaldía. O BNG solicitou a retirada do punto da orde do día, posto que xunto coa convocatoria do pleno non recibiu información algunha sobre o proxecto existente, como tampouco  dos informes do Técnico Municipal ou da Secretaría, polo que, os nacionalistas entendían, que non se podía emitir ditame sobre un asunto desa trascendencia sen dispor previamente da información necesaria.

O Grupo Municipal do BNG no Concello de San Cristovo de Cea denuncia que sen que mediara explicación algunha por parte do alcalde, este impuxo unha votación rápida na que só votaron a favor os membros presentes do seu grupo.