O PSOE de Leiro pide melloras na rúa Real e alerta de varios cortes de luz

O PSOE, dentro da campaña que denominaron “MELLORANDO LEIRO” alertan de deficiencias nunha estrutura municipal que afecta de forma directa ó concello. Trátase da rúa Real, que afirman que presenta anomalías graves, con buratos que fan cada vez máis dificultosa a circulación.

Outra das súas propostas está relacionada cos cortes no subministro eléctrico, que afirman que afectan tanto a veciños como hostaleiros e comerciantes. Piden ó concello que controle estas avarías e que busque unha solución para que non ocasionen molestias. Deste xeito, piden  ó alcalde que se poña en contacto ca empresa de subministro eléctrico para trasladarlle as queixas.

AVANTAR ACTIVIDADES