O concello de Ribadavia apoia a loita contra os xoguetes sexistas

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Ribadavia pon en marcha unha campaña de sensibilización sobre xoguetes e xogos non sexistas e non violentos. O programa, que se levará a cabo co alumnado do CRA Amencer, inclúe a realización de obradoiros prácticos de igualdade e coeducación, a elaboración dun folleto informativo con orientacións básicas para as familias a hora da compra de xogos e xoguetes que se poderá descargar dende a web do concello, así como unha serie de carteis protagonizados por nenos e nenas do propio concello, con diferentes mensaxes relativos a eliminación de estereotipos sexistas na compra de xoguetes e libros durante o nadal.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “as persoas adultas debemos ser conscientes da nosa responsabilidade na correcta elección e asimilar entre outras cousas que os xoguetes non teñen xénero. Dende o concello queremos aportar recursos tanto as familias como ás nenas e nenos que lles axuden a afastarse de determinados estereotipos que non reflicten realidade.”

HIPER MASIDE

César Fernández destacou que “ con actividades coma esta, dende o concello seguimos a traballar aprol da defensa da igualdade e o respecto, valores estes que están presentes de xeito transversal en todas as actividades que se levan a cabo dende o concello de Ribadavia.”