O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Amoeiro e coa alcaldesa de Allariz

  • Gabriel Alén analizou cos rexedores de ambos municipios temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Amoeiro, José Luis González, e coa alcaldesa do concello de Allariz, María Cristina Cid, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do municipio de Amoeiro, os principais asuntos que repasaron foron temas relacionados coa sanidade e a educación.

En canto ao concello de Allariz, o delegado territorial tivo a ocasión de analizar xunto á súa rexedora, María Cristina Cid, temas prioritarios para o municipio; principalmente en materia cultural. Tamén tratou coa alcaldesa as diferentes inversións acometidas este ano no concello, como a construción dun parque infantil e a súa cuberta, así como accións de mellora paisaxística no Camiño de Santiago, entre outras.