Boborás contará cun novo centro de saúde mudando de ubicación

Feijóo comprometeuse a trasladar á Consellería de Sanidade a posibilidade de encargar a redacción do proxecto construtivo en canto o Concello poña a disposición os terreos para a súa construción e cando as necesidades asistenciais así o confirmen. De levarse a cabo este proxecto, o edificio que ocupa o actual centro de saúde destinaríase a un espazo de coworking. A alcaldesa, Patricia Torres, destaca a importancia que terá este novo servizo, suplindo as deficiencias do actual centro, ademais da falla de aparcamento.

Durante a xuntanza, o titular do Executivo galego destacou a colaboración entre ambas administracións, coa entrega de material -máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais- para a loita contra a Covid por parte da Xunta.

AVANTAR ACTIVIDADES