O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén participa no acto de homenaxe á Constitución

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no acto de homenaxe á Constitución, que se desenvolveu esta mañá na Subdelegación do Goberno. Gabriel Alén subliñou “a importancia e a vixencia do texto constitucional que nos fixo convivir en paz e en progreso”; por iso, engadiu o delegado territorial, “manter os valores que representa a nosa Constitución: igualdade, liberdade, xustiza e pluralismo político, implica un compromiso persoal por parte de todos e cada un de nós”


AVANTAR ACTIVIDADES