Os comerciantes contan co bono comercio como apoio á campaña de Nadal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O día 1 de decembro, abríase o prazo de inscrición para que os establecementos do Carballiño puideran unirse á campaña do Bono Comercio. Durante esta primeira xornada, dende o Centro Comercial Aberto, entidade que organiza a iniciativa xunto co
Concello do Carballiño, aseguran que foron decenas de chamadas preguntando polo funcionamento do mesmo. Temos que recordar que calquera sector comercial pode adherirse, xa que as tarxetas non só están deseñadas para as tendas. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O funcionamento é moi sinxelo e será un pulo para fomentar as compras de cara o Nadal, tendo en conta como se viron afectados os comercio co peche perimetral e as restricións. A xerente do CCA detallou as características básicas destas tarxetas.  Pola súa parte, os establecementos están implicados nesta iniciativa e prevén que será un moi bo aliciente para tentar levar a situación de crise económica derivada da pandemia.