O PSOE de Leiro propón celebrar concursos de Nadal no concello

Os socialistas propoñen ó goberno local que organice para os máis pequenos e para o conxunto dos veciños actividades axustadas para estas datas. Propoñen algúns exemplos como un concurso de decoración de Nadal para a cidadanía, ou un concurso de postais de Nadal para os nenos con premios para as mellores pezas. Engaden que a postal gañadora podería utilizarse coma a oficial do concello para desexar unhas boas festas de xeito presencial ou virtual.

Outra das propostas é que se celebre un campamento de Nadal con todo tipo de actividades, unha semana de cine infantil aproveitando o único cine do rural das comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Finalmente, propoñen facer un concurso de belenes, para que se poida participar tamén dende a parroquia, asociacións ou residencias de maiores e de día.

AVANTAR ACTIVIDADES