Bases e convocatoria Concurso de Escaparates Nadal 2020
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/ 534130
Anuncio de convocatoria e bases do Concurso de Escaparates de Nadal 2020
Extracto das Bases e convocatoria do Concurso de Escaparates de Nadal 2020. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto das bases de convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Bases de Datos Nacional de Subvencións http:www.pap.minhap.lgob.es/bdnstrans/index.
- Obxecto
O Concello do Carballiño convoca o Concurso de Escaparates de Nadal 2020 que ten como finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes para atraer aos seus
clientes. - Participantes Poderán participar todos os establecementos comerciais da poboación, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular.
- Inscrición e prazo
A inscrición formalizarase por escrito na Área de Cultura do Concello do Carballiño presentando a seguinte documentación no rexistro municipal dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata o día 18 de decembro de 2020. - Crédito orzamentario
O importe total asignado no orzamento municipal a esta finalidade ascende á 450 euros con cargo á aplicación orzamentaria 3341148000 Transferencias correntes de 2020.
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 200 euros
2º Premio: 150 euros
3º Premio: 100 euros - Procedemento de concesión
O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.
A decisión do xurado elevarase ao órgano competente para aprobalo.
A dita decisión será inapelable e farase pública entregando os premios aos beneficiarios nos locais comerciais se as medidas de prevención derivadas da situación epimediolóxica do COVID- 19 o permiten.
O Carballiño, 18 de novembro de 2020. El alcalde
Acceso o BOP : Premer na Imaxe