O BNG solicita ao goberno local a recuperación da feira de antigüidades que se celebra o primeiro domingo de cada mes na praza maior

A formación nacionalista non entende porqué o Concello non autorizou a celebración desta feira cando ao mesmo tempo permite outras de características moi similares

Unha das tradicións da cidade de Ourense e cita obrigada cada primeiro domingo de mes na praza maior, é a feira de antigüidades, na que comerciantes ourensáns pertencentes ao sector dos anticuarios e restauradores ofrecían os seus produtos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde O BNG queren por en valor a importancia e arraigo desta feira dentro do calendario de actividades do concello, feiras e mercados, que actúan como elementos esencias de dinamización social, económica e comercial, máxime nestes tempos de gran incerteza e incertidume, contribuíndo mesmo a reactivar o sector hostaleiro ao haber máis xente polas rúas, e por elo queren expresar o seu malestar pola supresión “sine díe” da mesma.

O BNG destaca os esforzos e medidas adoptadas polos anticuarios e restauradores na celebración das últimas feiras, os cales, foron quen, desde o primeiro momento, de adoptar as medidas precisas e poñendo tódolos recursos necesarios para o cumprimento estrito das normas.

Os nacionalistas botan en falla un criterio único e unificado, sen prexuizo de ningún colectivo ou feira, pero que permita que todas elas se poidan desenvolver con relativa normalidade. A este respecto fan os nacionalistas referencia á feira ordinaria dos días 7, 17 e 26 de cada mes e as cales sí se comezaron a celebrar de novo. Esta situación deriva, nunha discriminación que a día de hoxe non ten unha xustificación o suficientemente sostible.

Por todo elo, desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, pídenlle ao goberno municipal, que autorice e garanta a continuidade da feira de antigüidades os primeiros domingos de cada mes coa adopción de todas as medidas de seguridade e hixiene que sexan precisas, ao tempo que instan igualmente ao goberno local, á devolución do importe das taxas que os participantes na feira aboaron para a súa participación na mesma de non autorizarse a súa celebración.

Por último, para os nacionalistas, estamos de novo, e como en tantos outros ámbitos da vida municipal, ante unha evidente incapacidade, nula xestión e tremenda falla de empatía con sectores e comerciantes que precisan, máis que nunca, do apoio e arroupe do concello.