O concello de Ribadavia asina un convenio para melloras viarias no rural

Trátase da primeira vez que o concello asina un convenio deste tipo, no que a Xunta de Galicia, a través dun Plan de Infraestruturas Rurais sufraga a totalidade do presuposto, que ascende a 45.000 euros. Acometerase o acondicionamento do terreo e o pavimentado no Camiño do Coto, en Sampaio.

Este vial da acceso a varias vivendas a atópase en terra neste momento, polo que as condicións meteorolóxicas mantéñeno en mal estado. Outra intervención será en Francelos, na rúa ubicada na parte de abaixo do parque. A terceira destas obras será no acceso a Fondo de Vila, en Santo André de Camporredondo.

FESTAS EN RIBADAVIA

As obras executaranse, sengundo o previsto, a comezos do ano próximo. Na actualidade estanse efectuando obras tamén nesta última ubicación, no acceso ó Museo do Viño de Galicia.