O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Está mañá mantivo unha reunión co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, na que fixeron un repaso dos proxectos e necesidades deste concello que dependen da Xunta de Galicia.