Desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás piden que o grupo de goberno aclare se as obras de rehabilitación executadas, se axustan ao proxecto inicial
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás, concretamente os concelleiros Carlos González e Sarín Núñez, pedíronlle ao goberno local explicacións a respeito das obras de rehabilitación levadas a cabo na Aira da Uxeira, en Loiro, xa que, segundo afirma o voceiro municipal Sarín Núñez, “o resultado final da execución da obra e o estado final da aira, fica moi lonxe do proxecto inicial aprobado, e da proposta plantexada, no seu día, polo goberno participado daquela polo BNG de Barbadás”.
Obras, lembra Núñez, “plantexadas durante o ano 2018 e financiadas con cargo ao remanente de tesourería acumulado nos anos anteriores e as cales foron executadas nos anos 2018 e 2019”.
Os nacionalistas denuncian que xa no pasado mes de setembro, rexistraron unha solicitude na que pedían do servizo de urbanismo do concello, e unha vez vista a restauración efectuada, un informe no que se aclare se está rematada toda a burocracia administrativa relativa a este expediente, se concretese si xa ten licenza de fin de obra, se Verificase así mesmo si se efectivizaron as facturas que emite a empresa adxudicataria da reforma e finalmente que se constatese se a restauración se corresponde, punto por punto, co proxecto aprobado inicialmente.
O concelleiro nacionalista Sarín Núñez, denuncia que “tanto esas como outras solicitudes e preguntas realizadas polo BNG non foron respostadas nin resoltas polo grupo de goberno do PSOE”. Motivo polo cal, o BNG de Barbadás trasladou ditas inquedanzas ao pleno a través dunha moción na que solicitaban Que o grupo de goberno resposte ás preguntas e solicitudes de información dos grupos da oposición como ordena a lexislación que regula a administración local.
Así mesmo, solicitaron que o servizo de urbanismo do Concello de Barbadás informe da situación final da execución da obra de rehabilitación da Aira, tal e como se plantexaba na solicitude do 10 de setembro, e, de non axustarlle ao proxecto inicial, se executen as obras para o acondicionamento tal e como estaba previsto nun principio.