A CEO celebra unha nova xornada sobre ERTE por mor da última modificación das restricións

A CEO celebra unha nova xornada sobre ERTE por mor da última modificación das restricións Os expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTE) seguen xerando normativa a medida que estes se van adecuando ás circunstancias que para distintos sectores e empresas van marcando as etapas da pandemia e, con elas, o consecuente incremento ou diminución nas restricións. Así mesmo, os ERTE seguen suscitando dúbidas e por iso a CEO volveu celebrar un seminario en liña monográfico sobre este tema, centrado en ‘Como afectan aos ERTE as novas medidas de desescalada’, que congregou fronte á pantalla a case medio centenar de participantes. Na presentación da xornada, Marisol Nóvoa, presidenta da CEO, lembraba que hai xusto dous meses realizábase outra sobre este tema, e que, aínda que naquela ocasión ‘estaba propiciada polas restricións que acababan de empezar en Ourense co peche perimetral e da hostalería, a de hoxe xustifícase precisamente porque por fin levántanse esas medidas e tanto a cidade como a hostalería reabren’

A conferencia telemática, desenvolta esta mañá, contou coa participación novamente da directora xeral de Relacións Laborais Elena Mancha Montero de Espinosa, e de Felisindo Domínguez González, subdirector de Prestacións da Dirección Provincial de Ourense, Elena Mancha centrou a súa intervención nas consecuencias que ten sobre os ERTE de impedimento e limitacións a orde do pasado 3 de decembro da Consellería de Sanidade, na que establecía catro niveles de limitacións ás empresas de hostalería segundo o nivel de incidencia do Covid neses concellos. Deste xeito, explicou que se a empresa pechada no interior a pesar de poder exercer a súa actividade na terraza cun aforo do 50%, segue en situación de impedimento e xa o tiña concedido, non ten que solicitar outro novo. Respecto a os locais de hostalería que estean en concellos nos que se autorice a apertura de interior, a forza maior que autorizou os ERTE de impedimento non está vixente, polo que, de ser necesario, as empresas deberían tramitar un ERTE por limitacións. Pola súa banda, Felisindo Domínguez, explicou aos asistentes de forma pormenorizada distintas cuestións en relación coa xestión da prestación por desemprego. 

AVANTAR ACTIVIDADES