Hoxe sábado as 18:00 h no Carballiño á “Luz Da Lúa”

Hoxe sábado terá lugar no Carballiño o estreo da obra artística “A Luz da Lúa”  na praza da Veracruz ás 18 horas.Un espectáculo estático que pon en valor diferentes técnicas de circo, onde a acrobacia é a parte principal. As acrobacias deste espectáculo, no canto de realizarse en pórticos ou estructuras,  lévanse a cabo con 80 globos de helio de 1.5 metros de diámetro cada un , coa finalidade de dar máis grandeza á función. Estes 80 globos son capaces de elevar ás acróbatas e ascender por riba do público para  realizar as diferentes técnicas de acrobacias en trapecio, telas ou aros.

O espectáculo foi seleccionado e é subvencionado polo  Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 , abrindo unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello do Carballiño anuncia que o aforo será limitado e por orde de chegada, tamén recorda o uso obligatorio da mascarilla e da distancia interpersoal. O recinto contará con asentos marcados e desinfectados, asemade haberá hidroxel á disposición das usuarias e usuarios.