Hoxe domingo ás 17:30 h no Auditorio Manuel María obra de Teatro Infantil “MAI MAI ” polo grupo BAOBAD TEATRO

TEATRO INFANTIL

RGTA (REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS)

AVANTAR ACTIVIDADES

         COMPAÑÍA: BAOBAD TEATRO

         OBRA: “MAI MAI”

                   Día: domingo, 13 de decembro

                   Hora: ás 17:30 h

                   Lugar: Auditorio Manuel María

                   Público: infantil e familiar (A PARTIR DOS 5 ANOS)

                   Prezo: 3,50€U

Traxectoria:

Baobab Teatro somos unha compañía especializada en teatro para nenos e nenas que nace no 2011 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer.

Óscar Ferreira conta cunha amplia experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques, escenografías e ten participado en diferentes espectáculos teatrais así como en programas de TV

Andrea Bayer é coñecida no mundo teatral por ter dirixido e escrito diferentes espectáculos como “Golulá” (Premio ao mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, Premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub (Participou en Feté n2008), Rosalía, a pulga que escribía…

Temos unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética e promoción da lingua galega.

Ao longo destes anos fomos creando diferentes espectáculos teatrais e de contos:

FÍOS (2011) Nomeado aos premios MAX pola autoría teatral galega, seleccionado na X edición da Feira de Castela e León”

BABS (2012) Seleccionado en FETEN 2013,

O SOLDADIÑO DE CHUMBO (2013) Seleccionado na Mostra de artes escénicas de Galicia, así como en diferentes festivais

MARTES (2014) Seleccionado en FETEN 2015, recomendado pola Red de Teatros e auditorios nacional, recomendado pola rede Vasca (Rede SAREA)

LUPPO (2015) Premio Mejor espectáculo infanitl y familiar na XVI Feria de Castilla y León, recomendado pola Red de Teatros e auditorios nacional, recomendado pola rede Vasca (Rede SAREA), recomendado pola rede andaluza, recomendado pola rede de Castela e León, candidato aos premios MAX 2016

O LOBO E A LÚA (2016) Premio Barriga Verde 2015

PUM PUM!(2017) Seleccionado na Feira de Galicia de Artes Escénicas 2017, seleccionado na Feira de Artes Escénicas de Castilla y León- Ciudad Rodrigo 2017, recomendado pola prestixiosa Red SAREA-VASCA, nomeado aos XXII Premios do Teatro María Casares.

PUÑO PUÑETE (2018).

Ademais da concepción, creación e posta en escea de diferentes espectáculos, Baobab teatro dirixe a parte artística do Festival das Núbebes (Festival de teatro para bebés e familia) dende o 2012 ata o presente.


Ficha artística:

  • Autor: Andrea Bayer Lloves
  • Dirección: Andrea Bayer Lloves e Óscar Ferreira
  • Intérpretes:

Xose Manuel Esperante Davila – Actor

Andrea Bayer Lloves- Actriz

Óscar Ferreira Ramos- Actor

Espectáculo: “MAI MAI”

“Mai Mai” É a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que resolver….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.