Boborás organiza unha visita guiada ó Castro de Cameixa este domingo

O próximo domingo 20 de decembro o concello de Boborás organiza unha visita guiada a Igrexa de Cameixa e o Castro de Cameixa (terceira escavación). Trátase dunha actividade ó aire libre, co punto de encontro ás 10.30 horas onde a propia Igrexa. É obrigatorio o uso da mascarilla para desfrutar da actividade, que é gratuita.

Se o tempo o permite e de maneira opcional ó remate da mesma poderase visitar Laxas, onde entre outros espazos verase a Casa da Gafa, un espazo máxico. A visita será guiada por Jorge Lamas, arqueólogo director da escavación, e Margarita Estévez, guía de turismo en prácticas no noso municipio. Para obter máis información pódese chamar ó teléfono 988 40 20 08.

AVANTAR ACTIVIDADES