A titular do xulgado de primeira instancia da Coruña dictou un auto con data de 9 de novembro no que solicitaba a realización dun inventario completo dos bens existentes nas dúas torres do Pazo de Meirás e no exterior da edificación.
PDF CO INVENTARIO ( Premer na Imaxe )
Esta mesma semana, facíase oficial o traspaso da titularidade deste ben por parte da familia Franco ó Estado. A familia anticipouse un día á orde de execución provisional que ordenaba esta devolución. O Goberno e a Xunta de Galicia acordaron, nunha reunión xunto á Deputación da Coruña e os concellos de Sada e A Coruña, colaborar para abrir o pazo ás visitas “contando a verdade do paso de Franco con perspectiva democrática” e abordando a figura da escritora Emilia Pardo Bazán.
O inventario cataloga un total de 697 bens, que foron archivados seguindo a orde na que se efectúan as visitas guiadas e archivados a través de 1.021 fotografías e 80 archivos de vídeo.
A finca de Meirás inclúe varios edificios, entre os que se atopa as Torres de Meirás, endificación con tres alas sobre unha planta integrada; o edificio de servizos, a vivenda dos caseiros e a antiga granxa; a casa do guarda; a casa das conchas; tres hórreos, un cruceiro, e a pequena construcción denominada “O Paciño”. En canto ó inventario de bens desta zona exterior, o documento recolle todo tipo de mobiliario, como mesas e bancos de pedra, balaustradas, cancelas, maceteiros ou esculturas, que fan un total de 81 pezas.
En canto ó interior do pazo, o catálogo inclúe 616 pezas, das que se especifica o número de elementos existentes cun catálogo fotográfico. As pezas escultóricas do interior son elementos arquitectónicos, cadros e ornamentos. Esculturas pétreas a tamaño real, algunhas delas integradas na parede; pezas relixiosas, coma cadros de Cristo crucificado, retablos de madeira e pedra con imaxes da Virxe integrados ou candelábros de sete brazos. Ademais, detállase todo o mobiliario, como camas, armarios, estanterías, portas de acceso adornadas e tamén elementos como vaixelas, espellos ou lámparas, todas pezas icónicas.
En canto ó inventario de alfombras e textís, non se puido realizar dado que non están expostos no momento no que o inmoble non está en uso. Para a súa catalogación debería facerse un traballo de inventario a parte deste primeiro.