A campaña de Nadal inclúe premios, animación de rúa e apoio ó comercio local

O presidente do CCA, Julián Garriga, detallou cales serán as actividades previstas. Ademais, destacou que dende a asociación apostan por traballar non so para os socios, se non para dinamizar o comercio na súa totalidade nestes tempos tan difíciles.

Baixo o lema “A MAXIA DO NADAL ESTÁ NO COMERCIO LOCAL”, a campaña inclúe premiar a fidelidade dos clientes cos negocios locais cun sorteo de 1500€ en vales de compra; dinamizar as rúas e satisfacer os máis pequenos das casas coa visita de Papá Noel e personaxes de animación, música e atraccións; e sorprender ao establecementos asociados co sorteo dunha cesta con produtos da zona, cortesía de destilerías Miño, distribuidor Paniagua. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O día 23, dende as 16:00 horas ata as 18:30 horas haberá unha visita de Papá Noel e os elfos, cos que os máis pequenos poderán facerse unha fotográfía, para a que será necesario reservar unha cita a través dos códigos QR que aparecen nos carteis da campaña, repartidos pola vila e nos comercios. O día 24 haberá un pasarrúas con temática de Nadal, música e máquina de neve, igual que o 4 de xaneiro.

A concelleira de Comercio destacou o seu agradecemento ó comercio e á hostalaría, que son os que fixeron posible que esta campaña se poida realizar ano tras ano e amosou o compromiso do concello con eles.

Jose Novoa, de Destilerías Paniagua, explicou en qué consistirá a cesta de Nadal e amosou a súa total colaboración con ambos colectivos.