A Deputación destina 221.000 € a obras e servizos para concellos e entidades

Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de achegas por importe de 221.289 euros para concellos e entidades da provincia en temas referidos a xestión, deporte, infraestruturas e servizos. 

Na reunión telemática, presidida polo presidente Manuel Baltar, aprobáronse subvencións para as seguintes entidades e concellos: 3.000 euros para a Federación Galega de Balonmán para escolas deportivas 2020; 32.500 euros a favor de Ourense Club de Fútbol SAD para gastos de funcionamento correspondentes á tempada 2019-2020; 18.011 euros a favor do Concello da Bola para acondicionamento de acceso a Barrio; 18.800 euros a favor do Concello de Boborás para o proxecto de eficiencia enerxética na iluminación de varios lugares do municipio; 35.000 euros a favor do Concello de Nogueira de Ramuín para beirarrúas en Luíntra; 18.800 euros a favor do Concello de Rairiz de Veiga para a construción da primeira fase de nave municipal; 20.680 euros a favor do Concello de Rairiz de Veiga para a redacción do proxecto do parque empresarial, e 14.998 euros a favor do Concello de Xinzo de Limia para a promoción, investigación e divulgación da Festa do Esquecemento. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a expropiación forzosa para as obras de rotonda na OU-1117 Xinzo (N-525)–Vilar de Barrio (OU-1102), entre os quilómetros 11,900 e 12, no termo municipal de Sarreaus. Tamén acordou a modificación do Plan provincial para incorporar a obra de acondicionamento de camiños no Picouto, cun orzamento de 48.000 euros; e a incorporación ao Plan provincial da obra de reposición de accesos á edificación nº 8 da rúa do Fonsillón, no municipio de Ourense, por importe de 11.500 euros.