O Psdeg-Psoe de Ourense denuncia no límite entre Ribadavia e a Arnoia a situación de “grave perigosidade” da ou-0305 na que caen pedras e árbores a estrada

Os socialistas denuncian que a pesar das queixas nos últimos anos “nada se fixo” para por solución a problemática nesta curva que supón un perigo para a veciñanza que a emprega a diario

Esíxenlle a José Manuel Baltar que “se deixe de intrigas políticas e salga do seu despacho para ver como está a situación no territorio” e explican que “é momento de solucionar os problemas do pobo”

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE continúa percorrendo a provincia de Ourense denunciando a situación de abandono por parte da Deputación en numerosos puntos da mesma. Desta vez o grupo provincial socialista desprazouse ata a fronteira entre Ribadavia e Arnoia, concretamente a estrada OU-0305, propiedade do ente provincial e na que tanto os socialistas de Ribadavia como os de A Arnoia levan anos denunciando o perigo que supón a situación na que se atopa unha pendente na curva previa a ponte que une os dous concellos. Nesta zona é frecuente a caída de árbores e pedras dende a pendente a estrada, pero a día de hoxe e a pesar da perigosidade que supón para os centenares de vehículos que percorren cada día esta estrada, nada se fixo para por solución a problemática.

Ata o lugar acudiron o secretario provincial Rafael Rodríguez Villarino, os deputados provinciais Diego Fernández e Nacho Gómez e os concelleiros socialistas de Arnoia co seu voceiro Emilio Alberte ao fronte. Os socialistas denunciaron sobre o terreo a situación “lamentable e de abandono” que vive a veciñanza e esixen a Deputación de Ourense, propietaria da estrada, “responsabilidade coa veciñanza”. O Grupo Provincial Socialista volveu a deixar claro a súa postura a carón das necesidades do pobo e requiriulle a José Manuel Baltar que “se deixe de intrigas políticas e salga do seu despacho para ver como está a situación no territorio”.

O voceiro municipal en A Arnoia, Emilio Alberte Díaz, relatou a situación que levan anos denunciando nesta estrada polo “perigo que supón esta curva, cunha penden con árbores e pedras, cun risco moi alto, principalmente agora en inverno, que produza unha desgracia ou danos graves o caer a estrada, como xa aconteceu nos últimos días”. O voceiro socialista esixe a Deputación de Ourense, propietaria da estrada que “busquen a fórmula de reparar esta situación, pondo unha malla ou buscando algunha fórmula para solucionar que caian árbores e pedras a estrada”. “A proba da situación témola nunha árbore que a pasada semana caeu a calzada e que aínda se atopa na cuneta”, finalizou Alberte.

Pola súa banda, o deputado provincial e voceiro socialista en Ribadavia, Nacho Gómez, lembrou que dende fai tempo os socialistas “vimos facendo un percorrido pola provincia denunciando unha serie de cuestións que están pondo en valor o estado da provincia en canto a infraestruturas que é lamentable”. O deputado tamén fixo fincapé na necesidade de que Baltar “deixe as súas intrigas palaciegas e de estar sentado nun despacho todos os días sen comprobar o estados das estradas, instalacións e infraestruturas provinciais”.

O voceiro dos socialistas de Ribadavia tamén apuntou a que a situación que se vive na estrada implica tanto a A Arnoia como a Ribadavia e pídelle o alcalde da capital do Avia, que tamén é deputado provincial que “se poña a traballar polo interese da veciñanza” e lembroulle que “ten que ter a dispoñibilidade e a obriga de solucionar este problema que non é novo e que levamos anos pelexando e batallando para que se dea unha solución, e vemos que esta non chega e que o perigo se acrecenta”. Gómez Pérez tamén fixo referencia a ponte que se atopa a carón da ponte e que cruza o río unindo ambos concellos e apuntou a que “seguiremos a loitar pola súa ampliación”.

Por último tomou a palabra o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, que recalcou que nun día chuvioso, “a choiva non paraliza o PSOE nin os concelleiros de Arnoia que están na oposición e facendo a tarefa que lles correspondería os rexedores deste municipio e de Ribadavia, xa que é o punto de unión de ambos concellos e non están facendo absolutamente nada”. Villarino tamén apuntou a que a Deputación de Ourense “tristemente é allea a todo isto e namentres planifica esas realidades utópicas fóra de calquera base, mentres fai eses plans aos que cada ano lles pon un nome diferente , as infraestruturas atópanse nesta situación de abandono”.

O voceiro dos socialistas ourensáns expresou a súa preocupación pola “grave situación” que se vive na OU-0305 na que segundo relata “unha árbore de grandes dimensións caeu enriba desta estrada e puido causar unha desgracia”. Villarino tamén puxo de manifesto a situación da ponte, que segundo apunta “en toda a súa historia non se dignaron a anchear para evitar bloqueos e colapsos”. Tamén puxo o foco no punto limpo a carón desta zona e no que segundo denuncia “os camións non poden xirar para acceder o mesmo, xa que se atopa nunha curva de difícil maniobrabilidade e con falta de visión”.