A Subdelegación do Goberno en Ourense informa dos novos números de atención telefónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)

A Subdelegación do Goberno en Ourense informa do novo sistema de acceso ao servizo de atención telefónica implantado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), baseado en numeración de tipo xeográfico e que substitúe ao de numeración 900.

A partir de mañá mércores, 16 de decembro, e ata o próximo día 23 de decembro unha breve alocución informará a quen acceda a través dos servizos 900 do cambio de número de atención telefónica, proporcionando a nova numeración e a posibilidade de consultala tamén na propia páxina web: www.sepe.es

AVANTAR ACTIVIDADES

A partir dese período transitorio dunha semana, os números de atención do SEPE serán os números 91*, asignados xa actualmente a cada servizo:

·        Novo teléfono de Atención ao Cidadán: 91 273 83 83.  Substitúe ao 900812400

·        Novo teléfono de Cita previa: 91 273 83 84. Substitúe ao 900812402

·        Novo teléfono para Empresas: 91 273 83 85. Substitúe ao 900812401

A posta en funcionamento da nova numeración non afecta aos números xeográficos provinciais, que poden seguir sendo empregados cos dous tipos de numeración:

·        Atención ao Cidadán: 988 750 598 ou 901 11 99 99

·        Atención Cita previa: 988 750 579 ou 901 010 210

·        Atención Empresas: 988 750 597 ou 901 01 01 21

Por outra banda, tanto esta información como a posibilidade de solicitar cita previa atópanse dispoñibles na páxina web www.sepe.es