Espazo Común pedirá explicacións sobre a concesión das axudas a pemes e autónomos

A formación asegura que as axudas ó tecido empresarial para aplacar as duras consecuencias da crise da Covid-19, esixen rigorosidade, seriedade e eficacia. Consideran que non se deben utilizar de xeito político e que deben ter os menores erros posibles, xa que prexudican ós máis afectados pola pandemia.

Espazo Común recalca que, logo de meses da súa aprobación, só cobraron as axudas 150 persoas e que quedan outras tantas persoas sen saber qué pasará cas súas solicitudes. Alertan de que se denegaron axudas a negocios ubicados no concello e pagando aquí os seus impostos pero que os seus propietarios residen fora. Outra das eivas que sinalan e que non se aceptaron recibos de alugueres que non se fixeran por transferencia bancaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Espazo Común pedirá explicacións de cales foron os criterios de concesión destas axudas ó concello do Carballiño.