Galicia contará con 40.000 doses da vacina de Pfizer da primeira tanda que reciba o Estado

Salvador Illa anunciou que o 27 de decembro España comezará a vacinar contra o coronavirus o suero desenvolto pola farmacéutica Pfizer. Confirmou que as primeiras doses recibiranse en España o sábado 26 para comezar o calendario de vacinación o día 27 e iranse recibindo cada semana doses que se repartirán de xeito equitativo entre as comunidades. A vacina será gratuita e subministrarase a través da rede sanitaria habitual. Os primeiros en recibila serán os usuarios das residencias de maiores e os sanitarios que traballan na primeira liña da covid. En Galicia súmanse tamén os traballadores das residencias. Julio Comesaña, conselleiro de Sanidade, confirmou que chegarán nunha primeira tanda 40.000 vacinas a Galicia, cas que se vacinará a 20.000 maiores, 17.000 traballadores dos centros e 3.000 sanitarios. O Sergas contará con 207 profesionais de enfermería dedicados a esta función e recibirán formación previa.