Manuel Baltar reivindica o protagonismo de Ourense como “a base do movemento político, social e cultural” representado pola Xeración Nós

Nun videodebate sobre “A vixencia do pensamento político de Nós”, o presidente da Deputación de Ourense defendeu que os seus postulados “están plenamente vixentes e son perfectamente actualizables”, afirmando que fala sen complexos de Galicia como nación cultural, “pois temos unha terra, un pobo, unha fala e un sentimento de pertenza a unha realidade xeográfica, social e cultural, na que de seguro aínda quedan cousas por construír”. 

Videodebate sobre “A vixencia do pensamento político de Nós” . A Deputación de Ourense organiza o vindeiro xoves, 17 de decembro, ás 11.30 horas, un videodebate sobre “A vixencia do pensamento político de Nos”, que poderá seguirse a través da web da institución provincial. Trátase da primeira iniciativa deste tipo, tanto polo seu formato como pola concorrencia dos seus participantes, e ten como obxectivo, segundo expresa o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, promotor da actividade, “render homenaxe desde a Deputación de Ourense a unha xeración que foi berce do pensamento político, polo cal, de xeito institucional organizamos esta videoconferencia, aberta ó público, que suporá unha homenaxe máis a unha xeración irrepetible”, afirma Baltar, quen destaca que non podía rematar este ano tan significativo para o legado de Nós sen un acto no que cultura e política van da man para enaltecer o pensamento galeguista e lembrar que moito do que somos hoxe como país debémosllo a Nós”. O debate estará moderado polo presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, e contará como relatores coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Andoni Ortúzar; o presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro; a filóloga, Pilar García Negro, e o avogado Lluís Recoder.

No acto, moderado polo presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, participaron o presidente do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortúzar; o presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro; a filóloga, Pilar García Negro, e o avogado e político catalán Lluís Recoder, 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reivindicou hoxe o protagonismo de Ourense “como a base do movemento político, social e cultural que representou o galeguismo da Xeracións Nós”, sobre cuxos postulados afirmou “están plenamente vixentes e son perfectamente actualizables”. Manuel Baltar fixo hoxe estas afirmacións durante o videodebate organizado pola institución provincial baixo o título “A vixencia do pensamento político de Nós” e no que participaron o presidente do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Andoni Ortúzar; o presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro; a filóloga, Pilar García Negro, e o avogado Lluís Recoder, intervindo como moderador o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar. 

O presidente provincial defendeu o protagonismo ourensán nas orixes de Nós pois “máis aló dos límites administrativos como provincia temos sentimento de pertenza a unha terra, a Ourensanía, que xurdiu dunha corrente política e cultural propia a través da Irmandade Nazonalista Galega e do Partido Nazonalista Republicano de Ourense”, facendo neste contexto unha mención explítica a Rodolfo Prada Chamochín, “o patriota dos Peares cuxos restos foron repatriados pola Deputación e rescatados do máis noxento dos esquecementos, que é o esquecemento institucional”.  

Baltar afirmou falar sen complexos de Galicia como nación cultural, “pois temos unha terra, un pobo, unha fala e un sentimento de pertenza a unha realidade xeográfica, social e cultural, na que de seguro aínda quedan cousas por construír, que nos axuden a crear un autogoberno máis forte, ampliando un modelo identitario propio parello ás aspiracións dos galegos e galegas, e estar falando hoxe aquí de Nós é facer sementeira”. 

O presidente da Deputación lamentou que as circunstancias sanitarias impedisen a celebración presencial deste acto, que cualificou como unha obriga, emprazando aos invitados a unha visita a Ourense con motivo da exposición que sobre a Xeración Nós poderá verse en Ourense no próximo ano, en colaboración coa Xunta de Galicia. 

Sinais fundamentais de Nós 

O videodebate, no que o moderador Luis González Tosar cualificou a aparición en 1920 da Revista Nós como “un fito fundamental na historia de Galicia, que cambiaría o rumbo da concepción xeral do noso país”, o resto dos participantes debuxaron o escenario político e socioeconómico no que xurdiu o movemento galleguista, os sinais fundamentais de Nós, os paralelismos cos nacionalismos vasco e catalán e a vixencia dos seus postulados. 

Así, Justo Beramendi, presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego, situou o a orixe  

do nacionalismo galego como a resposta a un Estado “cun férreo centralismo e unha Galicia subdesenvolvida,, onde o agrarismo era o principal movemento social da época”. Compre destacar que Bermandi chamou a atención sobre a data de celebración do acto, 17 de decembro, que coincide co día no que foi executado o mariscal galego Pedro Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos e que os Irmandiños propuxeron como primeira data para celebrar o Día Nacional de Galicia.  

A escritora e filóloga Pilar García Negro centrou a súa intervención nas chamadas palabras e expresións “talismán ou abracadabra” deste movemento: pobo galego, modernidade, reencontro, lingua, soberanía estética da nación, o propio concepto de Nós e a simbiose política e cultural, “unha sétima expresión porque Ourense ten sete sóns e desde hai cen anos é un faro moi potente para a cultura e á política galega”. A Xeración Nós, dixo “proclamou a maioría política de Galicia e, o que é máis importante, exercérona”, defendendo a que chamou “a triplo V: voz, voto e veto”. 

Andonia Ortuzar, presidente do Partido Nacionalista Vasco, referiuse a este videodebate como unha “Galeusca telepresencial” e reclamou que ademais de vixencia sobre os postulados do nacionalismo “haxa tamén futuro, facendo un esforzo desde Euskadi, Cataluña e Galicia para seguir fortalecendo o espírito das nosas identidades”, engadindo que as tres comunidades “somos pobos en construción que só poderán defender as súas ideas se unen os seus esforzos”. 

Pola súa banda, o avogado e político catalán Lluís Recoder sinalou que “parece evidente que desde a Xeración Nós son moitas as cousas que mudaron, pero malia os anos transcorridos aínda hai moito que cambiar e retos comúns ás tres comunidades”. Neste sentido, Recoder afirmou que España non se consolidará como Estado mentres “non se nos recoñeza como territorios e cidadáns coas súas propias identidades”. 

Por último, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, avogou por “aprender e recuperar a memoria, identidade e actividade que desenvolveu o cenáculo de Ourense, transformado despois na Xeración Nós”. Piñeiro recolleu as que denominou “propostas de responsabilidade política” formuladas nas intervencións e destacou tamén que vixencia das ideas de Nós, “aínda que precisen de actualización nalgunhas cuestións, como a metodoloxía política, e aí debemos traballar todos os que nos comprometemos con Galicia”.