O edificio Multiusos de Cea acolleu hoxe unha xornada adicada a coñecer o Camiño de Santiago e as súa particularidades ó seu paso por cada zona de Galicia. O aforo estará limitado a 50 persoas.

Este evento está incluído dentro do programa do Xacobeo 2021 na iniciativa “Ti es parte do camiño”. A chegada, ás 11:30 horas no edificio Multiusos, estivo amenizada polo grupo folclórico Feitizo de Pau. Nesta inauguración contouse ca presenza do presidente da Orde do Camiño de Santiago, Miguel Pampín, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Cea, José Luis Valladares.

Seguirán tres conferencias: a primeira a cargo de José Luis Rodríguez Cid, que dará comezo ás 11:45 horas; a segunda, de Bruno de LLano Gómez, comezará ás 12:10 horas, e a terceira, de Francisco Jesús Ares, ás 12:35 horas. Na xornada tamén haberá música, a cargo de Lucía Pérez, cantante galega participante en Eurovisión, seguira de gastronomía, con degustación de produtos típicos a partir das 13:00 horas. Por último, unha visita guiada a Cea e a Oseira que inclúe unha visita ó a un forno antigo e que porá fin á xornada ás 17:30 horas.

Na súa intervención, Gabriel Alén sinalou que “a Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se verá acelerado ante a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”, e significou que “desde a Xunta de Galicia estamos convencidos de que conta con infinitas posibilidades polas paisaxes e o patrimonio que atesoura, atravesando catro cidades declaradas Patrimonio da Humanidade”.

Dende o Goberno galego, engadiu o delegado territorial,  “pensamos que o Camiño é un gran axente dinamizador das zonas rurais, e que tamén vincularse ao Camiño supón asociarse cunha marca recoñecida internacionalmente e relacionada con valores universais”. No caso da Vía da Prata, hai que destacar que é unha ruta que vertebra España desde a época romana e o seu impulso podería contribuír á desestacionalización do Camiño e, polo tanto, do turismo en todas as comunidades polas que pasa este trazado.

Gabriel Alén lembrou que a Xunta está a rehabilitar o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira,  que se incorporará á rede de albergues dispoñibles na Vía da Prata. Esta actuación, que se enmarca no Plan de Albergues, inclúe unha achega dun millón de euros para mellorar o espazo existente de acollida de grupos, garantir a accesibilidade e construír novas dependencias para os peregrinos que percorren esta Ruta Xacobea.