Maside organiza o seu primeiro mercado de Nadal na Alameda

O concello de Maside celebra na xornada de hoxe a primeira edición do seu mercado de Nadal. Trátase dunha iniciativa destinada a que artesáns, comerciantes e emprendedores do municipio tivesen a oportunidade de amosar os seus productos. A administración instalou unha carpa para cubrir o espazo do mercado, dadas as condicións meteorolóxicas que amezaban con choiva. Ata as seis desta tarde aínda se poderán desfrutar de doces e agasallos para mercar, ubicados na Alameda de Maside. Dende as 15:00 horas, ademais, unha carroza con Papá Noel e os seus axudantes fará un percorrido por varios pobos de Maside.