Nova tradución do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez: “Unha noite no tren da vía láctea”

Unha escolma de sete relatos de Kenji Miyazawa (1896-1933) chega esta semana ás nosas librarías da man de Aira Editorial (Allariz) e do tradutor carballiñés Gabriel Álvarez Martínez. Os contos e poemas deste autor son moi apreciados e lidos tanto no Xapón coma no resto do mundo.

Unha noite no tren da vía láctea é unha escolma levada a cabo polo tradutor dalgunhas das historias máis representativas de Miyazawa. Contos que son xa clásicos da literatura xaponesa e que teñen sido adaptados ao cinema, ao teatro ou á banda deseñada. Historias para todos os públicos con magnificas ilustracións de Miguel Robledo, un dos debuxantes de banda deseñada e ilustradores máis importantes no momento actual na Galiza.

AVANTAR ACTIVIDADES