O Polígono Barreiros e o Colexio de Economistas establecen un convenio de colaboración mutua

O Polígono de Barreiros estableceu co Colexio de Economistas unha relación de traballo conxunto co fin de proporcionar facilidades aos membros de ambos os colectivos de fronte ao desempeño da súa faceta profesional e empresarial.

En virtude deste acordo, estas entidades colaborarán en aspectos como a formación, a inserción laboral ou o desenvolvemento de xornadas informativas, propiciando a colaboración entre empresarios e economistas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este venres 18, a sede do Colexio de Economistas de Ourense acolleu un encontro entre os representantes de ambos os colectivos, Alejandro Cruz como presidente do polígono Barreiros, e Mª del Carmen Sampayo, decana do Colexio de Economistas, para presentar o contido deste acordo.

As accións poñeranse en marcha a comezos de 2021, en canto as restricións permitan celebrar presencialmente xornadas, accións formativas e outros eventos recolleitos no convenio.