A Lotería de Nadal deixa dous agraciados de dous quintos premios no Bar Lérida e no Bar Estate Quieto

O Carballiño, despois de varios meses difíciles, puido ver hoxe un pouco de fortuna. O sorteo da Lotería de Nadal deixou sorte por partida dobre. O primeiro quinto premio, madrugador, deixou un pellizco no Carballiño, cun décimo valorado en 6.000 euros vendido na máquina no Bar Estate Quieto. Trátase do número 86986.

O segundo momento de alegría do día chegou a poucos minutos de que finalizase o sorteo. O segundo pellizo foi doutro quinto premio, neste caso vendido tamén a través da máquina no Bar Lérida. Trátase enste caso do número 43831. O Bar Lérida xa ten experiencia en repartir premios. O pasado ano entregaron un premio dun millón de euros no Euromillón. En ningún dos dous casos se coñece ó agraciado polo momento, aínda que os desexos son que sexa un veciño da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES