Nota da CEO: Orixe Connection promociona a gastronomía da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal

 A campaña, enmarcada no proxecto Internovamarket- food, conta coa intervención de 27 pemes do sector agroalimentario
 Catro tendas gourmet de Ourense, Santiago, Vigo e O Porto participan nesta promoción gastronómica
 A CEO completa esta iniciativa cun showcooking en directo para promocionar estes produtos agroalimentarios

O proxecto europeo Internovamarket- food acolle e desenvolve a actividade Orixe Connection, unha campaña experiencial que busca promocionar a gastronomía de Galicia e Norte de Portugal, traballando o recoñecemento de marca dos produtos alimentarios da Eurorrexión e apoiando ao comercio local das cidades que participan: Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e O Porto.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Confederación Empresarial de Ourense participa na posta en marcha desta iniciativa en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne ( CTC), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO- CECOPESCA), e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), participantes, do mesmo xeito que a CEO, no proxecto Internovamarket- food que ampara esta actividade.

En total, 27 empresas participan nesta acción promocional, que ten como eixo central o ‘ unboxing’ ou desempaquetado de produtos que tan de moda está en redes sociais para dar a coñecer marcas ou tendencias. A posta en escena realizarana recoñecidos influencer gastronómicos nas tendas gourmet de cada cidade participante. Estes establecementos recibirán caixas sorpresa cunha gran variedade de produtos alimentarios elaborados na Eurorrexión polas 27 pemes participantes (marmeladas, mel, conservas de peixe, viño, aceite ou embutido).

Orixe Connection conta coa participación de 4 prescritores dixitais que se desprazarán a estas tendas para realizar a presentación destes produtos dunha forma divertida, comentando as súas características ou as posibilidades culinarias, dándolles difusión a través das súas redes sociais.

Ana Politan (@anapolitan) desde Xadigal en Ourense; Marité Suite (@thefoodiesearcher) desde O Cotiño en Santiago de Compostela; Carmen Albo (@guisandomelavida) desde Casa Samaniego en Vigo, e Rui Ribeiro (@fazecome) desde @terroirgourmet_finefoodandwine, serán os encargados deste despliegue dixital.

Showcooking en directo

As posibilidades das redes sociais e a súa promoción dixital son tan amplas que a campaña se completará cunha demostración en directo o 30 de decembro: un showcooking a través de Facebook no que se mostrará como elaborar tres suculentas receitas cos produtos participantes en Orixe Connection.

Para iso, a CEO quixo contar con Alfonso López (@ recetasderechupete) como mestre de cerimonias deste evento culinario dixital. Nacido en Ourense e afincado en Madrid, Alfonso Pérez é bo coñecedor dos produtos da terra e cabeza visible dun dos blogues gastronómicos de referencia do noso país.

Orixe Connection será unha acción moi completa á vez que divertida para os consumidores. Ademais, haberá algunha sorpresa adicional que deixará moi bo sabor de boca.

Cada vez máis, os consumidores son máis esixentes coa calidade e procedencia dos produtos que adquiren. Isto levou a planificar esta acción promocional, que trata de poñer en valor a compra en pequenas tendas especializadas das nosas cidades produtos de calidade elaborados na Eurorrexión, sen esquecer a importancia que teñen os medios dixitais para apoiar estas compras.

Empresas participantes

Adegas do Rexurdir; Ánades Galicia; Beesweet, Bernardos Patés, Bodegas Pazo de Vieite, Braulio Alfageme; Calabizo; Adegas Celme, Cuñas Davia; Do Gaiteiro; Emdeza Elaborados Cárnicos; Fareixa; Conservas Faro de Burela; La Mariquita De Azúcar; Magna Olea; Conservas Mariscadora; Miogo Vinhos Norte; Naiciña; Nela; O Mosteiro ·Luís Fernández·; O Pepiño de Allariz; Occidens; Olmais; Licores Pousa; Real Conservera Española; Refix y Mermeladas Artesanas Volalla.

Internovamarket-food

Esta acción se realiza en el marco del Proyecto Internovamarket-food para la Internacionalización de las pymes de la Eurorregión, a través del programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) de la Unión Europea y el FEDER. Este proyecto tiene como objetivo general contribuir para promover el dinamismo empresarial, fomentar a la cultura emprendedora e innovadora y apoyar la internacionalización de las pymes de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal.