Os centros educativos da comarca celebraron a súa Gala de Nadal anti covid

Debido á situación deste ano, os xa tradicionais festivais de Nadal non se poderán celebrar. Os centros educativos da comarca xuntáronse para facer a maior e máis grande Gala de Nadal, na que participaron exactamente 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, de todos os centros educativos  da comarca e de todas as etapas educativas.

Esta Gala tivo un escenario principal no Auditorio do Carballiño e os outros escenarios nos 12 centros da comarca que se uniron de xeito telemático. O público estivo sentado en cada un dos seus pupitres nas máis de 150 aulas, podendo desfrutar das actuacións na distancia. A presentación da gala foi a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”  e actuacións do Mago Kiko Pasteur e de Noemi Duro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial da xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Gala anticovid, saudando ós presentes na sala e aos que tralas pantallas dor ordenadores seguiron o acto agradecendo o esforzo de toda comunidade educativa, nenos e nenas, profesores, equipos directivos e persoal de servizos por garantir o cumprimento dos protocolos anticovid.

Alén estivo acompañado por diversas autoridades, como os directores dos centros educativos e alcaldes dos concellos, entre eles o do Carballiño, Paco Fumega, que deu a noraboa polo traballo desta gala e de todo este trimestre tan complicado.