Ribeiro en Común pide reabrir o colexio da Alameda para Infantil e Gardería

Publicidade ASPADISI

Ribeiro en Común quere desmentir algunhas afirmación feitas sobre este centro. Aseguran que é perfectamente compatible a utilización deste edificio conxuntamente entre colexio e gardería e que non é certo que sexa necesario eliminar a figura educativa deste edificio para poder acoller aulas da gardería. Recalcan que o que sería necesario é acometer obras de mellora neste edificio.

Por esta razón, Ribeiro en Común volve saír en defensa do Colexio da Alameda e pide que nese edificio se compatibilice unha aula da gardería, de 2 a 3 anos, con aulas de infantil, de 3 a 6 anos como máximo.

HIPER MASIDE

A formación volve presentar unha iniciativa en defensa deste Colexio. A actual gardería atopase inserida no complexo educativo da Alameda de Ribadavia, complexo que sufriu un duro revés coa eliminación do Colexio infantil da Alameda.

Aseguran que todas as recomendacións pedagóxicas defenden modelos educativos en espazos como o existente no complexo da Alameda de Ribadavia ou nos CRA Amencer. Esta é unha das principais causas polas que seguen defendendo este sistema.