A praza de abastos do Carballiño remata un ano máis a súa campaña de Nadal, co sorteo esta mañá de varios lotes de produtos entre todos aqueles que realicen as súas compras no mercado local. Os premios que se sortean son sete cestas de Nadal con produtos do comercio local e unha caixa de viño Pazo Tizón.
Dende o concello animan a todos a mercar na Praza de Abastos e tamén no Carballiño, os veciños e á xente de fora, para intentar dar un pulo ó comercio despois de meses tan duros.
O presidente dos comerciantes da praza de abastos amosou a súa satisfacción pola boa acollida desta campaña, na que entraron a sorteo 7.000 papeletas durante 20 días. O ano pasado superouse esta cifra, pero a campaña durou ó redor de mes e medio. Os agraciados foron: Lurdes Trigás, Eva Degea, Concepción Riveiro, María Dolores Otero González, Irene Giménez, Lucita Valeiras, María Genoveva Fernández Civeira e Puri.