As forzas de seguridade disporán de 11.000 efectivos para controlar que se cumpran as medidas este Nadal

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto co vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantén unha reunión de coordinación co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mandos da Policía Local de Galicia e Protección Civil. Sala Eisenman, Santiago de Compostela, 22/12/20.

A Xunta, a Delegación do Goberno en Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias coordinan a labor dos máis de 11.000 efectivos que reforzarán os controis durante os días centrais de Nadal, especialmente as datas nas que se van a permitir os desprazamentos, entre o 23 e o 25 de decembro. Prevese tamén que aumente o número de persoas que acuda a locais de hostalaría, centros comerciais ou rúas. Nestas ocasións controlarase a afluencia para evitar aglomeracións.

Do encontro para coordinar este operativo destácase a disposición de todas as administracións para facer fronte á responsabilidade compartida. O vicepresidente primeiro, Afonso Rueda, fixo tamén un chamamento de responsabilidade á cidadanía.

AVANTAR ACTIVIDADES