Ourense reduce os casos activos e a presión asistencial dos hospitais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 299 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.565, unha cifra que descende con respecto a onte. A presión asistencial descendeu levemente. Hoxe hai 48 (-3) persoas na UCI, e 293 (-13) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe é esperanzadora. Rexistra 22 casos novos confirmados por PCR, nunha xornada na que se fixeron 657 probas. A cifra total baixa ata os 506 (-13) casos activos. A de hoxe é a baixada máis pronunciada da última semana. Os hospitais tamén reducen a carga asistencial, contando hoxe con 24 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 4 está na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO