A comarca mantén estables os mesmos casos ca onte, con especial incidencia na residencia de Cea

O Concello do Carballiño mantén os mesmos casos ca onte, establecéndose nos 5 contaxios. Esta semana os casos mantivéronse estables con apenas algunha variación dun caso. Esta fin de semana subiuse dos 5 ós 7 casos. A comarca estabiliza os casos, sumando un total de 36.

O foco preocupante establécese na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote que se iniciou o pasado venres e que a día de hoxe conta con 22 casos activos. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz baixou mantén os 6 contaxiados de onte, despois de preocupar chegando ós 37 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse seis falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Boborás mantén os dous casos que se rexistraron onte, despois de varios días estando libre do covid. Piñor conta cun caso activo. Os demais concellos, Maside, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.