Bng de Celanova : “Pérez Cortés cobra da Mancomunidade (1.600 €) e do Concello de Quintela (“dietas”) “

  • O BNG vota en contra do orzamento da entidade supramunicipal por “opacos” e denuncia “o abuso dos cartos públicos que fai o clan Cortés co beneplácito do padriño Baltar”.
  • O PP intenta forzar a unanimidade nunha moción para descargar no Goberno central a responsabilidade sobre a xestión da auga do Concello da Merca. BNG e PSOE abstéñense, e Celanova Decide vota cos populares.

O presidente da Mancomunidade Terra de Celanova cobra 1.600 euros de salario da entidade e ademais das “dietas” do Concello de Quintela de Leirado. Segundo o informe dun medio de comunicación sobre os salarios dos alcaldes da provincia, Pérez Cortes estaría cobrando mensualmente do Concello de Quintela axudas de custo por tres conceptos: asistencia ao concello, asistencia a comisións e asistencia a plenos. Os ingresos recibidos por Pérez Cortés das dúas “caixas” públicas están ao redor dos 3.000 euros mensuais.

“Cobro da Mancomunidade porque tamén me poden chamar ás seis da mañá”, respondeu con evidente enfado José Antonio Pérez Cortés tras facer público o dato do que percibe mensualmente respondendo unha pregunta de Leopoldo Rodríguez (BNG), quen solicitou a cifra dado que “é imposíbel de atopar nos orzamentos” do organismo. A pregunta molestou á bancada popular.

Non foi o único momento tenso no pleno de aprobación dos orzamentos da Mancomunidade, votación sobre a que o PP aplicou a súa maioría, mais tivo que escoitar as críticas (as únicas críticas, porque o resto de grupos calaron) por parte do Bloque Nacionalista Galego, que conta con tres representantes no pleno. Os tres votaron en contra das contas, como xa o fixera José Antonio Pérez Valado, alcalde nacionalista de Verea, na xuntanza previa o pleno.

PUBLICIDADE ELECTORAL