Mañá, 25 de decembro ábrese ó público o Belén de Maside

A exposición de Nadal de María Jesús Novoa estará dispoñible para a súa visita dende mañá, 25 de decembro, ata o día 6 de xaneiro, no antigo colexio da Alameda de Maside. Trátase xa dunha tradición que este ano, coma moitas outras cousas, tivo que adaptarse á covid. Os horarios de apertura son máis reducidos, das 16:00 horas ata as 19:00 horas, de luns a domingo, e deixando o suficiente espazo para que haxa distancia de seguridade. Este ano conta con 2.000 pezas feitas a man que conforman 80 metros cadrados de exposición, máis reducida ca en anos anteriores para poder cumprir as medidas. Algunhas pezas tiveron que ser almacenadas, e outras non puideron ser elaboradas a causa de falla de materiais durante o confinamento.