O carballiñes Miguel Mosquera Paans gañador do Premio de Xornalismo Notas Migratorias César Vallejo 2020

O Xurado Cualificador do Premio Literario e Xornalístico Notas Migratorias César Vallejo 2020,
integrado polo Reitorado da Fundación Universidade Hispana en Caracas, Lima e Miami, o
Secretario Xeral da Asociación de Xornalistas Peruanos no Exterior ( APPEX) e un
representante do Instituto de Estudos Vallejianos de Trujillo, Perú, emitiu o veredicto.

Convocado pola Fundación Universidade Hispana, por designación do Xurado Cualificador tras
votación secreta dos 30 finalistas, declárase gañador do Premio de Xornalismo Notas
Migratorias César Vallejo 2020, ao escritor e xornalista español Miguel Mosquera Paans, polo
artigo publicado na plataforma dixital “Soy Reportero”, da venezolana cadea TeleSUR, baixo o título “Las concertinas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O ourensán Miguel Mosquera Paans foi galardoado tamén polo Instituto de Estudios Vallejianos de Trujillo (Perú) coa Medalla de Ouro César Vallejo, e a Distinción Honoris Causa pola Fundación Universidad Hispana, á que en breve incorporarase como delegado para España.

O evento foi cuberto por Telestar Televisión a través de Supercable Canle 3 para Lima
metropolitana e redes sociais a nivel mundial.