Dende as 17:00 horas na Oficina de Turismo estará dispoñible o bono comercio “O Carballiño Contigo”

Esta tarde, a partir das 17:00 horas, comezou a distribución  das  tarxetas bono “O Carballiño Contigo”  para todas as persoas maiores de 18 anos. A veciñanza poderá  adquirir,  previo pago de  25 €,  unha tarxeta bono de 50€  por persoa presentando o seu DNI,   implicando deste xeito a toda a poboación activa na reactivación da economía local.

A campaña terá un gran impacto na vila, xa que se distribuirán un total de  2.000 tarxetas e  poden participar todas as empresas excepto os espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados), as estacións de servizo de combustible e as salas de xogo/apostas; e ademais, dado que haberá que gastar os bonos nun prazo determinado, garántese a recuperación do consumo a curto prazo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os bonos estarán a disposición de todas as persoas maiores de idade, só serán válidos no Carballiño e pretende tamén a sensibilización da poboación máis nova co consumo de proximidade fronte ás grandes superficies e a venda online e ofrece ás empresas participantes a oportunidade de fidelizar a súa clientela.

O alcalde do Carballiño, Paco Fumega, agradeceu o traballo feito dende o CCA para poder sacar esta iniciativa adiante e xa anunciou que se repetirá a iniciativa de cara ó mes de abril ou maio, cunha inversión de 150.000 euros.