O Carballiño celebra mañá a Feira de Nadal, a máis importante do ano

O Carballiño celebrará mañá a última feira do ano, a xa tradicional feira de Nadal, que cada ano atrae a centos de persoas ó municipio, tanto para facer compras como na hora do xantar, na que o pulpo é o principal protagonista. Este ano terá que ser diferente, xa que coma nas últimas feiras, as medidas sanitarias marcan o transcurso do mercado. O principal será o distanciamento dos postos, adaptando máis espazo nas rúas para que haxa separación suficiente. Ademais prégase o uso de máscara e o uso de xel hidroalcohólico. A Policía Local fará un control do municipio para asegurar que non se produzan aglomeracións, a pesar de que se esperan condicións climáticas adversas, polo que se prevé que non haxa tanta afluencia.