O Concello do Carballiño editará uns folletos informativos para promover a posta en valor do parque escultórico da Insua dos Poetas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ano tras ano, o espazo cultural A Insua dos Poetas, ve medrar o número de esculturas que se agochan entre a natureza deste lugar con encanto da Esgueva, na parroquia de Madarnás.  Por iso o Concello do Carballiño ven de tomar a decisión de editar uns folletos informativos para poñer en valor e difundir o que está chamado a ser un dos parques escultóricos máis importantes de Galicia, ademáis de ser un espazo cultural de gran interese e dinamismo.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, sinala a importancia da Insua dos Poetas como recurso turístico, pois “poder ver as obras dos máximos expoñentes galegos contemporáneos das artes plásticas nun entorno natural ao aire libre fai deste espazo algo único”. Por iso sinala que se editarán uns folletos informativos para promover a difusión deste patrimonio e que está previsto que podan estar na rúa antes de Semana Santa. Desta maneira O Carballiño aumenta a súa oferta turística ao tempo que se promove a posta en valor deste  patrimonio cultural.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Veciños e visitantes poderán percorrer este espazo, coa axuda dunha guía, e ver obras monumentais de Buciños, Antón Pulido ou Acisclo Manzano, entre outros, paseando entre fontes e carballos.

As fotografías dos folletos correrán a cargo do colectivo cultural O´Potiños e os textos están a ser redactados polo escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen ademais está traballando na creación dunha páxina “web” que amplíe os contidos sobre este espazo cultural.