Sanidade confirma un caso da cepa británica da covid en Galicia

09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020

O  conselleiro de Sanidade sa Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, informou esta mañá de que un dos sete casos da cepa británica de coronavirus que están en estudo en Galicia deu positivo. Trátase dun paciente que está na área sanitaria de Santiago de Compostela. García Comesaña informou de que esta persoa viaxou dende Reino Unido e fíxoselle unha proba específica debido á súa orixe, despois de que dese positivo o seu compañeiro de viaxe.