A Xunta analiza a situación dos retornados en Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

– O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Asociación Mexicanos en Galicia, Lucero Dámaso, e a presidenta de Madres Latinas, Luisi Mota, para analizar a situación dos emigrantes retornados a Galicia, en especial, ante a actual situación de pandemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Durante a reunión, analizouse a problemática dos galegos que están a volver a Galicia nestes intres e das dificultades que están a atopar para poder asentarse ante a crise da Covid-19. Neste senso, acordouse poñer en marcha unha colaboración que se irá desenvolvendo ao longo do 2020 co obxectivo de axudar a este colectivo, en especial, a aqueles galegos que regresan a Galicia e se atopan en situación de emerxencia.