A Xunta retirou máis de 16.700 niños de velutina este ano, 1.300 en Ourense

O Plan de loita contra a vespa velutina trouxo bos resultados este ano. Dende a súa posta en marcha a finais de xaneiro o operativo de Seaga retirou máis de 16.700 niños. No último encontro abordouse a renovación para o próximo ano deste plan, que ofrece unha atención centralizada e coordinada cos concellos para facer fronte o aumento da presencia desta especie.

Neste plan están adheridos 285 concellos, o que supón o 90% dos municipios galegos. O operativo de Seaga está integrado por 80 efectivos. En Ourense retiráronse máis de 1.300 niños neste ano, sendo a provincia con menor volume de actuacións.

AVANTAR ACTIVIDADES