O Novo Cine de Leiro xa conta con punto de venda online de entradas

O Novo Cine de Leiro xa ofrece un punto de venda de entradas online. Para poder adquirilas pódese facer pulsando o botón comprar no seu perfil da rede social Facebook ou no portal ofrecido para o cine dentro da páxina Kinetike. De este xeito, os boletos para o cine serán eco-entradas, que non fai falla imprimir, chega con ensinalas dende o móbil, ademais de evitar o contacto o máximo posible.

En canto á programación para os próximos días festivos, o cine de Leiro proxectará o filme infantil “Los Croods” e “Hasta el cielo”, que estarán dispoñibles do 1 de xaneiro ata o día 7. A proxección infantil estará todos estes días en sesións ás 16:00 horas e ás 18:15 horas. “Hasta el cielo” estará en sesión única ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES