O patio de estilo oriental do colexio de Maside recibe o segundo posto dos Premios Xardín Galego

A semana pasada foron entregados os Premios Xardín Galego que cada ano conceden a Asociación Galega de Empresas de Xardiñería (AGAEXAR) e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam). A situación de Pandemia non evitou o recoñocemento dos galardonados aínda que se retrasou a celebración da ceremonia de entrega, que se realiza normalmente en marzo.

Un xurado profesional fixo a elección entre cinco candidaturas de alta calidade das presentadas por Anxo Otero e Rosa Aricia Rodríguez Romero. O primeiro clasificado foi o Xardín Privado en Bergondo, elaborado por Anxo Otero. O segundo foi para a recuperación do patio interior do CEIP Terras de Maside, no que se contruiu un xardín interior de estilo oriental, idea levada a cabo por Rosa Aricia Rodríguez.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os premios Xardín Galego buscan recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

A creadora desta obra da nosa contorna amosou a súa satisfacción polo proceso de poder transformar un patio sen atractivo dunha escola nun patio que sirve de aula aberta para os escolares e que ademáis fai a función de paisaxe para as clases colindantes.