As tarxetas bono e as rebaixas dan un respiro ó comercio local

IES CHAMOSO LAMAS

O bono comercio “O Carballiño Contigo” entregou 2.000 tarxetas en apenas tres días. Esta iniciativa foi valorada polo comercio como un respiro para fomentar o consumo de proximidade nestas festas de Nadal. Dende as propias xornadas nas que se repartiron as tarxetas, os comercios xa comezaron a notar o aumento das vendas, e agora, co día de Reis, seguen en aumento.

Un total de 132 comercios de todos os sectores aceptan o bono comercio. Algúns dos que non se anotaron nun comezo, ó ver a boa acollida desta iniciativa decidiron facelo e xa pediron información para a súa incorporación. Noelia Mares, xerente do CCA, asegurou hoxe que se estaba incorporando a todo aquel comercio que o pedise.

HIPER MASIDE

Sumado a esto, o comezo de xaneiro trae consigo as tradicionais rebaixas, a partir do día 7. A confluencia destas dúas oportunidades xa se está comezando a notar nas tendas, algunhas delas adiantando os descontos.