Punxín crece en poboación logo de vinte anos e Boborás perde máis de 60 habitantes

O Padrón Municipal de Habitantes amosa de novo a tendencia á baixa no asentamento poboacional da comarca. Aínda así, non todos os concellos presentan datos negativos. O Carballiño suma 62 habitantes no pasado ano, alcanzando o total de 14.089. A capital da comarca suma novos veciños, pero aínda non recupera os datos máis altos, rexistrados no 2013. Punxín é o concello que presenta a maior sorpresa positiva, subindo o número de habitantes por primeira vez en vinte anos, con 15 veciños máis para un total de 709. Piñor suma 7 novos habitantes, superando os 1.100 veciños. E Maside suma 4, superando xa os 2.700 habitantes.

No punto contrario sitúanse os demáis concellos, que rexistran un descenso no seu número de habitantes. O caso máis destacado é o de Boborás, que perde 62 veciños, para superar por pouco os 2.200 habitantes. Ségueo de cerca San Cristovo de Cea, que baixa 48 veciños e O Irixo, que baixa outros 46 habitantes. San Amaro é outro dos concellos que conta cunha cifra bastante importante de descenso, presentando 36 habitantes menos. Por último está Beariz, que baixa un só habitante.

AVANTAR ACTIVIDADES